Xunta de Galicia

A Xunta licita por preto de 300.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade

A Xunta licita por preto de 300.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Os traballos enmárcanse no convenio asinado entre Augas de Galicia e o concello e están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural

Ángeles Vázquez salienta que as actuacións permitirán conectar os núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio á rede de saneamento dando continuidade a outras actuacións realizadas na zona como a execución dunha nova estación depuradora e o desenvolvemento da rede de saneamento

As obras consistirán na realización de seis tramos de colectores que suman arredor de 900 metros de tubaxes para dar servizo a unha poboación de 390 habitantes equivalentes no horizonte de 2046 e enlazalos con 38 novos pozos de rexistro

A Xunta está a licitar as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, no concello de Cerdedo–Cotobade, por importe de arredor de 300.000 euros co obxectivo de ampliar e completar o servizo nos núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio.A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a zona, onde destacou que esta actuación se enmarca no convenio de colaboración asinado a comezos de ano entre Augas de Galicia e o Goberno local por importe de preto de 380.000 euros para as anualidades 2024 e 2025. Os traballos previstos contan con ata o 60% de financiamento europeo a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).As obras permitirán conectar os núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio á rede de saneamento dando continuidade a outras actuacións realizadas recentemente na zona como a execución dunha estación depuradora na parroquia de Tenorio –con capacidade para tratar as augas residuais duns 1.000 habitantes– e o desenvolvemento da rede de saneamento no núcleo da Torre Vella.Deste xeito, a posta en marcha das novas instalacións de depuración e saneamento permitirán tratar as augas residuais dos núcleos de Covas, A Laxe, Lérez, A Torre Vella, Barro, Zamar, Río Tenorio e O Castro.A responsable autonómica incidiu en que a conexión á rede deses tres núcleos pendentes requirirá da execución de seis tramos de colectores que suman arredor de 900 metros de tubaxes que darán servizo a unha poboación de 390 habitantes equivalentes no horizonte de 2046. Eses novos tramos conectarán con 38 novos pozos de rexistro que se van construír e será necesario tamén repoñer os servizos e firmes da estrada N–541 que se verán afectados polas obras.Ángeles Vázquez explicou que a previsión é que ese contrato se adxudique a comezos de 2025 e que os traballos sobre o terreo comecen no segundo trimestre dese ano. Cun prazo de execución de seis meses, agárdase que as actuacións estean rematadas na última parte do próximo exercicio.Esta é unha das actuacións incluídas nos orzamentos do Executivo galego para este ano, que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas actuacións de saneamento e depuración de augas –incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos– e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.Nesta liña, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que este esforzo contribúe a que Galicia avance a bo ritmo cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030, situándose xa en todos eles por riba dos resultados a nivel nacional.De feito, no caso do apartado de Auga limpa e saneamento (ODS número 6) experimentou avances notables dándose por conseguida esta meta grazas a medidas impulsadas pola Xunta como os Plans de xestión da auga de Galicia para acadar servizos de subministración e depuración axeitados e equitativos ou outros documentos de planificación para facer fronte a aspectos como a seca, o risco de inundacións ou o aproveitamento hidroeléctrico dos recursos naturais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN