Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal

A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, defendeu o traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal en ámbitos como a xestión dos proxectos do programa POCTEP

A oficina creouse en 2010 co obxectivo de dinamizar a cooperación e contribuír á consolidación da eurorrexión entre Galicia e Norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea puxo en valor hoxe no Parlamento galego a actividade da oficina de cooperación transfronteiriza da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Así, sinalou que esta oficina executa as políticas acordadas entre a Xunta e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal, no marco da Comunidade de Traballo Transfronteiriza creada en 1991.O director xeral explicou que esta entidade, regulada polo Dereito Comunitario Europeo, creouse en 2010 co obxectivo de dinamizar a cooperación e contribuíu a consolidación dunha Eurorrexión entre Galicia e o Norte de Portugal.Segundo Jesús Gamallo, a AECT ten un dobre cometido. Por unha banda, participa na elaboración de plans estratéxicos como o documento de Impulso á Cooperación de Proximidade, aprobado trala pandemia da covid–19, o Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) que prioriza os investimentos na eurorrexión utilizando fondos europeos, ou a elaboración da RIS3T, a Estratexia de Especialización Intelixente en Innovación, compartida por ambas rexións e única no marco europeo.Por outra banda, a AECT xestiona proxectos concretos que contan con financiamento comunitario como o programa

de intercambio universitario, ou o

para a cooperación cultural, no campo do hidróxeno verde ou da industria aeronáutica.Nestes momentos, a entidade traballa en iniciativas como un Estatuto para os traballadores transfronteirizos, que será presentado aos gobernos de España e Portugal no próximo Cumio Ibérico, ou a posta en marcha dun clúster de turismo na eurorrexión.Finalmente, o director xeral lembrou a esencial participación desta entidade no acto de sinatura e presentación aos axentes sociais de cooperación dun manifesto en favor do tren de alta velocidade entre A Coruña e Lisboa, celebrado o día de onte.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN