Xunta de Galicia

A Xunta unificará nun único espazo dixital toda a información das xestions da cidadanía coa administración

A Xunta unificará nun único espazo dixital toda a información das xestions da cidadanía coa administración

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que este servizo estará operativo “no segundo semestre de 2025”

Os galegos e as galegas poderán consultar a situación de todos os seus trámites a través de carpeta cidadá e actualizar os seus datos nun punto único

Calvo destaca que “o 86 % dos trámites coa Xunta son xa electrónicos” e só en 2023 se crearon na carpeta cidadá máis de 800.000 expedientes correspondentes a 474 procedementos distintos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou hoxe que a Xunta vai destinar 5 millóns de euros á posta en marcha dun nodo de datos cidadá que concentrará toda a información sobre o cidadán e as súas relacións coa administración nun único punto. Aplicará tecnoloxías intelixentes para simplificar o acceso a toda Administración dixital e facilitar servizos adaptados ás necesidades de cada persoa, se así o autorizan. O desenvolvemento deste novo espazo dixital permitiralle á Administración ter unha visión unificada e completa dos datos xerados polas persoas nas súas relacións coa Administración e facilitaralles aos galegos e galegas as súas xestións en liña coa Administración, simplificando o acceso aos servizos dixitais desde un único punto, así como as consultas sobre o estado dos trámites ou a modificación dos seus datos. Con este obxectivo, a carpeta cidadá da sede electrónica evolucionará para converterse no punto de acceso a todos os trámites dos cidadáns coa Administración e o lugar en que atoparán toda a información relativa a eles, independentemente do departamento ou da unidade con que os xestione. Deste xeito, os cidadáns poderán realizar actualizacións dos seus datos unha soa vez, evitando ter que comunicalo a diferentes departamentos.Ademais, esta iniciativa avanza na identificación dixital da cidadanía, poñendo en marcha un rexistro único que permitirá unha identificación unívoca do cidadán, independentemente do sistema que empregue (Chave 365, Cl@ve, certificado dixital, DNIe) ou do departamento co que realice a xestión. O contrato, que conta con fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia?financiado pola Unión Europea–NextgenerationEU, licitarase nos vindeiros días cun valor estimado de 5.005.044 euros. “A previsión é que as primeiras funcións da nova plataforma estean en funcionamento no segundo semestre de 2025”, indicou Calvo.Esta iniciativa enmárcase no III Plan de Administración e Goberno dixital 2025, que busca achegar a Administración á cidadanía e impulsar servizos máis proactivos. Os avances na dixitalización reflíctense no uso dos servizos dixitais por parte da cidadanía. Tal e como explicou Calvo, o pasado ano creáronse na carpeta cidadá “máis de 800.000 expedientes” correspondentes a 474 procedementos distintos, de acordo cos datos do balance de execución do III Plan de Administración e Goberno dixital. No mesmo período foron incluídos na carpeta tres novos servizos que ofrecen unha atención personalizada no marco do deseño do novo modelo do nodo de datos cidadáns.Ademais, o sistema de identificación mediante Chave365 está a ser utilizado “por máis de 1,5 millóns de persoas”. Hai tamén máis de 9.000 persoas que recorreron ao Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG) para autorizar alguén para facer no seu nome os trámites administrativos.En total, o rexistro electrónico recibiu en 2023 cerca de 1,5 millóns de solicitudes, escritos ou comunicacións de parte de preto de medio millón de persoas distintas, o que indica que “o 86% das solicitudes que se presentan no rexistro xa se fan de forma telemática”.A través da sede electrónica realizáronse máis de 63.000 pagamentos de taxas asociados á presentación de trámites. A Xunta puxo á disposición das persoas interesadas máis de 1,7 millóns de notificacións, das que preto de 1,2 millóns foron exclusivamente electrónicas. As persoas que recibiron estas notificacións foron máis de 580.000.En 2023 incorporáronse na Administración máis de 27 millóns de documentos electrónicos e creáronse máis de 641.000 expedientes de 530 procedementos distintos.O balance tamén destaca que, desde a súa saída en 2023, a aplicación XuntaEu, que concentra as relacións da Administración coa cidadanía a través de dispositivos móbiles, foi descargada por máis de 29.000 persoas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín