Elena Candia sostén que os orzamentos de 2025 suporán "máis impostos para o presente e máis débedas para o futuro" da veciñanza de Lugo

A voceira dos populares afirmou que a valoración das contas municipais para este ano vén definida pola frase "dime do que presumes e direiche do que careces"

Os populares de Lugo valoraron en rolda de prensa os orzamentos municipais para o ano 2025
00:00
Baruk Domínguez

Elena Candia é a voceira do Partido Popular no Concello de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

3 min lectura

A voceira do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, afirmou este venres que a valoración dos orzamentos municipais para 2025 vén definida pola frase "dime do que presumes e direiche do que careces".

A popular explicou que as contas para este ano reflicten "unha xestión marcada pola improvisación, a falta de ambición e o alonxamento das prioridades reais dos lucenses"

"Socialistas e nacionalistas intentan vender unha imaxe de rigor e equilibrio, pero a análise detallada das contas pon en evidencia deficiencias estructurais e estratéxicas", sinalou.

¿ILUSIONANTES E REALISTAS?

Na rolda de prensa, a voceira popular analizou os informes que acompañan o proxecto de orzamentos no que se desminten, un por un, os calificativos de "ilusionantes" e "realistas" cos que o goberno local, presentaba esta semana os orzamentos:

  • Non son uns orzamentos "ilusionantes": "Con 9,97 millóns de euros en investimentos, son os máis baixos dos últimos sete anos, marcando un retroceso en lugar dun avance".
  • Non son uns orzamentos "realistas": "Os informes alertan de previsións excesivamente optimistas, especialmente no ámbito da inspección tributaria, onde xa se demostraron resultados decepcionantes en 2024".
  • Calidade dos servizos: "Traballan con falta de planificación. Non hai estudos económicos reais que avalen melloras nos servizos".
  • Reequilibrio financeiro: "O goberno incumpre a regra de gasto e, ante a falta de ingresos, recorre a créditos. Isto obriga a un dobre esforzo aos lucenses: máis impostos no presente e débedas para o futuro".

FALTA DE OBXECTIVOS CLAROS

Segundo Candia, o orzamento que o goberno local presentou como positivo non se sostén cos datos xa que "nin tan sequera apuntala os obxectivos que se marcaron na súa presentación".

  1. Non loitan contra as desigualdades: "Nun contexto no que o goberno local presume de orzamentos sociais, evidenciase unha desigualdade no reparto das subvencións nominativas. Unha asociación veciñal recibe unha cantidade dez veces maior que entidades de gran relevancia social como Alucem, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) ou a Asociación Galega de Hemofilia; ou multiplica por dous as achegas a Aspace, Afalu, Adace, ou recibe 4.000 euros máis que Aspnais, unha entidade de referencia. Este reparto amosa que o PSOE e o BNG priorizan intereses políticos, deixando de lado ás persoas. Outro exemplo de que esquecen ás entidades sociais é que teñen conxeladas, por undécimo ano consecutivo, as axudas para estes colectivos".
  2. Non hai unha rexeneración dos barrios: "Evislusa segue sendo unha plataforma infrautilizada. Chegamos á promesa número oito sobre a rehabilitación da Milagrosa con cero realidades".
  3. Non apuntalan o dinamismo económico: "É un goberno que non ten solvencia para investir porque a maior parte o destina ao gasto corrente. Botamos en falta partidas para actualizar o PEPRI".
  4. Non fomentan a educación e a cultura: "Falta un plan estratéxico, dependen de subvencións externas para programas educativos e falta de investimento en infraestruturas e programas educativos sostibles e de calidade".
  5. Non potencian o patrimonio natural: "Non levan partida para o parque Rosalía de Castro e o cinto verde segue sendo unha reivindicación histórica. Nos presupostos de 2023 había unha partida de 3 millóns de euros, no 2024 nada se fixo, e agora reservan 500.000 euros".

"ACERTAN CANDO RECTIFICAN"

A voceira popular tamén aludiu a proxectos que se recuperan asegurando que "acertan cando rectifican" xa que aínda que o ano pasado votaron en contra de varias achegas dos populares, neste exercicio socialistas e nacionalistas dan marcha atrás en cuestións como mellorar o acceso da Fervedoira, a cobertura da pista de petanca de Frigsa e "con matices" investimentos para a protectora, polo que "recoñecen que hai un problema nas instalacións".

Candia resaltou que "todos estes datos matan o relato dos calificativos cos que PSOE e BNG definiron os orzamentos", unhas contas "que chegan tarde e que foron pouco respetuosas" co grupo municipal popular, xa que "as presentaron antes de facernos chegar os documentos oficiais"

"Aínda así, seguiremos traballando de forma construtiva e presentaremos achegas para melloralos", sinalou a voceira popular.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 24 ENE 2025 | BOLETÍN