Xunta de Galicia

O 'Encontro de Artistas Novos Cidade Da Cultura' reúne esta semana a 40 dos talentos emerxentes que marcarán o futuro da arte contemporánea en España

O 'Encontro de Artistas Novos Cidade Da Cultura' reúne esta semana a 40 dos talentos emerxentes que marcarán o futuro da arte contemporánea en España

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Co ‘EAN’, a Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso co apoio a novos creadores, ofrecéndolles unha plataforma para dar a coñecer o seu traballo, tecer redes de colaboración e aprender de nomes consolidados que participan como relatores

O conselleiro destaca esta iniciativa como “unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, por onde pasaron xa máis de 800 creadores desde que en 2011 formara parte da primeira programación do Gaiás”

O encontro, que está dirixido por Rafael Doctor e conta co apoio da Fundación Banco Sabadell, ofrece tamén a oportunidade de propoñer unha intervención artística para as Torres Hejduk

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan estes días en Santiago no

, un dos piares da programación do Gaiás co que, desde hai xa catorce edicións, a Xunta de Galicia vén reafirmando o seu compromiso e apoio ao talento emerxente.O titular de Cultura do Goberno galego destacou este evento como “unha das citas imprescindibles da creación contemporánea na Península”, lembrando que forma parte da programación do Gaiás desde 2011 e que, desde entón, pasaron polo

máis de 800 artistas, “entre eles nomes como Nuria Güell, Jorge Perianes, Lois Patiño, Eva Díez ou Jesús Madriñán, que hoxe son recoñecidas figuras do panorama galego e nacional”, remarcou López Campos.O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salientou tamén que con esta iniciativa “a Xunta proponse que a Cidade da Cultura continúe a amosar en Galicia as tendencias da vangarda cultural, pero tamén abra unha fiestra de oportunidade para que o colectivo de creadores galegos comparta co resto do mundo o seu traballo e talento, dous dos eixos que sentan as bases deste encontro desde o seu nacemento”.O

ofrece así a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás ?nun foro aberto ao intercambio de ideas e experiencias?, darlle visibilidade ao seu traballo, e tamén de aprender de artistas cunha traxectoria consolidada, que cada ano interveñen no mesmo como relatores compartindo o seu proceso de traballo e inquedanzas cos 40 novos creadores. O

está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Na apertura do mesmo participaron, ademais do titular de Cultura do Goberno galego, o

da Fundación Banco Sabadell, Moha El Amrani; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director do EAN, Rafael Doctor; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.Nesta ocasión, a actividade inclúe na súa programación charlas de artistas de consolidada traxectoria como a pintora asturiana afincada en París Chechu Álava, quen esta mañá abría o programa de conferencias. Cos seus retratos oníricos, Álava resucita a obra de poetas e artistas e reinterpreta representacións femininas clásicas. As súas obras puideron verse no Thyssen–Bornemisza de Madrid, entre outros museos e coleccións de todo o mundo.Tamén conforman os relatores desta edición a artista plástica e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Elena Fernández Prada, que ten participado en exposicións en centros como Reina Sofía de Madrid, o MUSAC de León ou o Museo de Arte Contemporánea de Tokio, e o creador viveirense David Catá, que traballa entre a plástica, a videocreación, a música e a performance, empregando o propio corpo como soporte artístico e metáfora do paso do tempo a través de cosidos e fisuras na pel. Ambos regresan ao encontro tras participar no mesmo nas súas dúas primeiras edicións.Por último, contarase coa conferencia da fotógrafa Estela de Castro, unha das retratistas máis recoñecidas de España, cun traballo vencellado á loita polos dereitos humanos e dos animais. A súa intervención substituirá a do artista plástico Javier Calleja, que tivo que suspender a súa participación no encontro por motivos de saúde.O encontro rematará o xoves 29 de agosto coa inauguración da proposta gañadora na edición de 2023 do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk. Trátase da instalación interactiva

, coa que os creadores Óscar Manrique e Isabel Merchante se propoñen realizar un tributo artístico á conexión e colaboración que nos vencella a outros seres humanos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN