Xunta de Galicia

Xosé Merelles salienta os valores do camiño e do fenómeno Xacobeo e a súa capacidade para xerar iconas que perduren no imaxinario colectivo

Xosé Merelles salienta os valores do camiño e do fenómeno Xacobeo e a súa capacidade para xerar iconas que perduren no imaxinario colectivo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Participou esta tarde nun coloquio celebrado na Cidade da Cultura para presentar o libro de María José Alonso ‘Zapatones, el eterno peregrino’

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta tarde nun coloquio sobre a figura de Juan Carlos Lema Balsas, coñecido popularmente como Zapatones que serviu de marco para a presentación do libro de María José Lorenzo,

. Xosé Merelles salientou a traxectoria dun “personaxe emblemático ligado á cultura xacobea, instalado no imaxinario colectivo” e agradeceu o traballo realizado pola xornalista que non só enxalza a figura senón que pon o acento sobre os valores que implica o Camiño e o fenómeno xacobeo, “unha marca indiscutible ligada a Galicia”.O director de Turismo de Galicia referiuse á obra de María José Lorenzo subliñando que “dignifica a súa historia (de Zapatones) de forma novelada, con pinceladas biográficas, construíndo un interesante relato que reivindica non só a súa figura, senón tamén o Xacobeo 93”. Xosé Merelles lembrou coma o Xacobeo 93 “impulsou definitivamente o turismo en Galicia ligado ao fenómeno Xacobeo e puxo á nosa comunidade no mapa dunha España que avanzaba” ocupando un lugar á par de grandes acontecementos daqueles anos coma as Olimpíadas de Barcelona 92 e a Expo de Sevilla.Neste punto, o director de Turismo de Galicia referiuse a Víctor Vázquez Portomeñe, presente tamén no acto, coma un dos artífices daquel Ano Santo que “foi o eixo, o motor do desenvolvemento do turismo e deunos unha patente de modernidade”.O director de Turismo de Galicia destacou o impacto social e económico que tivo o Camiño de Santiago en Galicia nos últimos 30 anos. Neste senso, destacou que hoxe o Xacobeo é “todo un referente sociocultural que implica a toda a Comunidade e nesa liña imos seguir traballando para encarar o próximo Xacobeo, o do ano 2027.Ademais, lembrou que máis de 243.000 persoas xa recolleron a súa peregrina no que vai de ano, o que “representa un 15% máis que o ano pasado a estas alturas”, e indica que o Camiño é “un motor indiscutible de dinamización turística da nosa Comunidade”.Durante a tertulia, moderada polo xornalista Moncho Lemos, na que tamén participaron a autora, o canciller da Archidiócese de Santiago, Elisardo Temperán e o editor do libro Gonzálo Sáenz coa presenza como convidado do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o director de Turismo de Galicia destacou que Zapatones está “vivo na historia recente do Camiño e do Xacobeo” pese a que moitos descoñecen a súa dura historia persoal. De neno foi entregado á Casa Cuna de A Coruña onde iniciou un periplo por centros de acollida de carácter relixioso para logo traballar como camareiro antes de converterse en Zapatones. Referíndose á autora, o director de Turismo de Galicia quixo agradecer o seu esforzo por enxalzar un personaxe tan popular pero tamén polo impulso que “que lle está dando á perspectiva espiritual do Camiño” e felicitouna pola excelente acollida que está a ter o libro.Finalmente, Xosé Merelles concluíu destacando tres aspectos resume do acto. Por un lado a importancia do Camiño de Santiago con todo o que significa en canto a súa historia, tradicións, personaxes e a cultura viva que desprende. Por outro, “a popularidade, a tenrura, o carácter afable dun personaxe que nos regalou as súas horas de vida, recibindo e compartindo experiencias con miles de peregrinos que culminaban o Camiño”. E “o pasado brillante dun Xacobeo que encumbrou Galicia e que nos puxo no mapa dos grandes eventos en España e que ha de servirnos, dalgún modo, como espello no que mirarnos para revertelo en futuro e progreso para Galicia”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín