Xunta de Galicia

A Xunta presenta ao Goberno central a ferramenta EMI co fin de estendela a outras autonomías e casar oferta e demanda laboral con intelixencia artificial

A Xunta presenta ao Goberno central a ferramenta EMI co fin de estendela a outras autonomías e casar oferta e demanda laboral con intelixencia artificial

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

González insistiu na aposta de Galicia por potenciar as oficinas de emprego públicas a través da innovación para atender as necesidades de empresas e traballadores e por trasladar as boas prácticas a outras rexións dentro da vontade de colaboración

Fixo fincapé na necesidade de que o Executivo estatal teña en conta ás comunidades autónomas para atender de xeito eficaz retos como o de axustar as políticas activas de emprego á realidade do mercado

Remarcou a aposta polo perfilado competencial de ata 70.000 persoas nun ano, o que facilitará a súa empregabilidade e abordar o problema de escaseza de man de obra

Neste liña, afondou no compromiso da Xunta polas microformacións para atender as necesidades das empresas galegas e favorecer a súa competitividade, ademais do impulso ao programa Retorna Cualifica Emprego

Tamén salientou que cuestións tan complexas como a reforma da duración da xornada laboral deben abordarse desde o Diálogo Social e non dende imposicións

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, para dar conta da aposta da Xunta por xerar emprego de calidade, apoiándose nas novas tecnoloxías co fin de atender as necesidades de empresas e de traballadores para casar a oferta e a demanda. Dentro dela está a ferramenta software EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia, que é pioneira en España e en Europa e que o conselleiro presentou ao secretario de Estado co obxectivo de propoñer a súa posible aplicación noutras comunidades autónomas. José González, que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, reflexionou sobre as oportunidades abertas a través da intelixencia artificial para potenciar as oficinas de emprego públicas, tal e como está a realizar Galicia. Trátase de trasladar estas boas prácticas ao resto de comunidades autónomas dentro da vontade de colaboración entre administracións, subliñou. De feito, engadiu, distintas comunidades autónomas visitarán Galicia para afondar no funcionamento de EMi. Nesta mesma liña, o titular de Emprego, Comercio e Emigración fixo fincapé na necesidade de que o Executivo estatal escoite e teña en conta aos gobernos autonómicos no deseño, por exemplo, dos criterios de distribución dos fondos destinados ás políticas activas de emprego –que son executados polas CCAA, e que polo tanto deben adecuarse ás necesidades de cada territorio–, tal e como Galicia solicitou nas últimas conferencias sectoriais nas que participou.Trátase dunha cuestión chave, insistiu, tendo en conta que é fundamental axustar as políticas activas de emprego á realidade do mercado laboral, un reto común que hai que afrontar e no que Galicia está traballando para adiantarse e ofrecer a empresas e traballadores solucións axeitadas ás súas realidades, tamén a través da flexibilización da formación, cunha decidida aposta polas microformacións e microcredenciais. O conselleiro tamén sinalou que esa escoita activa ás comunidades autónomas é vital en cuestións complexas como a reforma da duración da xornada laboral, asunto que debe abordarse desde o Diálogo Social e non dende imposicións. Neste ámbito, destacou o labor de Galicia por avanzar dun xeito coordinado coa patronal e cos sindicatos, avaliando os posibles impactos desta medida na produtividade do tecido económico galego. Esta cooperación, remarcou, é fundamental para abordar retos como seguir mellorando a saúde laboral dos traballadores, abordar as elevadas taxas de absentismo ou, volvendo á necesidade de casar oferta e demanda no mercado laboral, impulsar ferramentas como o programa Retorna Cualifica Emprego, a través do que se afinará a selección en orixe da man das empresas galegas para garantir aos traballadores un posto laboral e as súas condicións básicas de vida cubertas en Galicia. En relación coa ferramenta EMi o conselleiro detallou que ten como fin cubrir a demanda de man de obra, así como atender as persoas que están buscando activamente traballo –ou busquen mellorar o seu emprego actual. Nesta liña sinalou que permitirá realizar nun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas.Entre as vantaxes que ofrece, salientou que relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións. Tamén detecta carencias competenciais en cada localidade, o que facilita a programación de accións formativas adaptadas ás necesidades de cada unha. A maiores, engadiu que esta ferramenta pode prever o comportamento laboral de cada comarca e de cada ocupación referida aos seus próximos meses, o que permite adiantarse ás necesidades das empresas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín